Ponte en contacto connosco a través do teléfono, correo electrónico ou do noso formulario web.
Un dos elementos que dan identidade ao estilo do noso traballo. Únete a nós.
Forma parte do Proxecto Home Galicia.
A túa axuda é necesaria. A túa doazón será apreciada.
Se es unha empresa, podes contribuir aos nosos fins.
Proxectos cofinanciados
Últimas novas

Proxecto Home Galicia e AGACAL reforzan a súa colaboración para impulsar a formación agraria e a inserción sociolaboral.
A Comunidade Terapéutica «As Cernadas» acolleu a sinatura dun novo convenio coa Axencia Galega da Calidade Alimentaria, que permitirá desenvolver durante 2026 accións formativas en horticultura, fruticultura e outras materias vinculadas ao medio rural. O 29 de setembro de 2026, a Comunidade Terapéutica «As Cernadas» de Proxecto Home Galicia foi escenario da sinatura dun novo convenio de colaboración coa Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), organismo dependente da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia. O acordo foi subscrito polo director de AGACAL, Martín Alemparte Vidal, e pola directora de Proxecto Home Galicia, Ofelia Debén Rodríguez, e contempla unha

Proxecto Home Galicia participa no VIII Simposio Ibérico de Riscos Psicosociais
O 17 de setembro de 2026, Santiago de Compostela acolleu o VIII Simposio Ibérico de Riscos Psicosociais, un encontro dedicado á análise dos principais desafíos en materia de saúde laboral, prevención de riscos psicosociais e transformacións do mundo do traballo. Proxecto Home Galicia participou na Mesa 4, centrada nas actuacións e boas prácticas en adiccións e saúde emocional, coa intervención titulada «Abordaje de la prevención laboral en Proyecto Hombre». VIII Simposio Ibérico de Riscos Psicosociais Durante a exposición destacouse a importancia de abordar as adiccións no ámbito laboral desde unha perspectiva preventiva e integral, vinculada á promoción da saúde e

A Fundación TREZELUZES colabora con Proxecto Home Galicia por segundo ano consecutivo
A oitava gala solidaria da Fundación TREZELUZES, celebrada en Finca Montesqueiro, reuniu máis de 400 persoas e recadou 300.000 euros destinados a oito proxectos sociais en Galicia. A solidariedade cobra sentido cando se transforma en oportunidades para as persoas. Por segundo ano consecutivo, a Fundación TrezeLuzes escolleu Proxecto Home Galicia entre as entidades beneficiarias da súa gala solidaria, renovando unha colaboración que agradecemos profundamente e que contribúe a soster o noso labor de acompañamento a persoas con problemas de adiccións e ás súas familias. Finca Montesqueiro acolleu a oitava edición deste encontro, que volveu reunir persoas, empresas e entidades comprometidas

Santiago acolle unha Festa de Solidariedade chea de encontro e esperanza
A 32.ª edición reuniu persoas en tratamento, familias, profesionais e voluntariado de Proxecto Home Galicia para compartir unha xornada de convivencia e lembrar que a recuperación é posible. O pasado 12 de setembro, Santiago de Compostela acolleu a 32.ª Festa de Solidariedade de Proxecto Home Galicia, unha cita moi especial para todas as persoas que forman parte da nosa comunidade. Un día para atoparnos, recoñecer o esforzo compartido e renovar o compromiso coas persoas que afrontan un problema de adicción e coas súas familias. A celebración contou coa colaboración do Concello de Santiago. A Praza da Quintana foi o escenario

Entrada Solidaria TrezeLuzes VIII Edición
Fecha: Jueves, 17 de Septiembre de 2026 Lugar: Finca Montesqueiro. Rúa dos Xardíns, 2, 15172 Oleiros, A Coruña Adquire aquí a tua entrada

XXXII FESTA DE SOLIDARIEDADE
Como cada ano, convocámoste á Festa de Solidariedade. Nesta 32ª. edición, terá lugar en Santiago de Compostela.Grazas á inestimable colaboración do Excmo. Concello de Santiago, desenvolverase no Multiusos “Fontes do Sar”.A data da xuntanza é o Sábado 12 de Setembro de 2026.

Visita o centro de Patoloxía Dual “Acougo”
O pasado 8 de xullo estiveron a visitar o centro de Patoloxía Dual “Acougo” en Proxecto Home Vigo, Dona Luisa Sánchez Vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, e Dona Paula Bouzós deputada de Benestar Social e Igualdade da Deputación de Pontevedra. Unha visita moi esperada por nós pois e a primeira vez que se achegaban a coñecer o noso traballo. Nas máis de dúas horas que pasaron connosco e alén de mostrarlles as instalacións e explicarlles os obxectivos do noso servizo, por parte do equipo terapeútico de Acougo, como por parte da Directora Presidenta Ofelia Debén e o Presidente do Padroado

O voluntariado en Proxecto Home Galicia: compromiso, coidado e valores compartidos
Como cada ano, Proxecto Home Galicia pechou as reunións locais de formación do voluntariado cun encontro xeral de convivencia, celebrado o sábado 6 de xuño de 2026. Foi unha xornada especialmente significativa, na que participaron persoas voluntarias dos distintos centros de Galicia, xunto con profesionais da entidade. Estes encontros teñen dous obxectivos fundamentais. O primeiro, e máis importante, é crear un espazo de convivencia, coñecemento mutuo e encontro entre todas as persoas que forman parte do voluntariado de Proxecto Home Galicia. Persoas chegadas de diferentes lugares, con experiencias diversas, pero unidas por unha mesma maneira de entender a vida, a

Proxecto Home Galicia – 36 anos contigo
Hoxe celebramos un día moi especial: o 36 aniversario da apertura do primeiro centro de Proxecto Home Galicia en Santiago de Compostela. Desde aquel inicio, con vocación pioneira e un profundo compromiso social, fomos crecendo e adaptándonos, poñendo en marcha centros e dispositivos en distintos puntos da xeografía galega cun obxectivo claro e constante: achegar os nosos servizos ás persoas e familias que os necesitan, alí onde se atopan. Non foron anos fáciles. Atravesamos crises económicas, unha crise sanitaria sen precedentes e un contexto internacional marcado por conflitos e incerteza. Momentos complexos que puxeron a proba a moitas organizacións e,

5 de Decembro: Día do Voluntariado
O vindeiro día 5 celebraremos a quen fai posible o esencial: a presenza que acompaña, a escoita que motiva, o tempo que se entrega co corazón. En Proxecto Home Galicia, as persoas voluntarias representan esa forza silenciosa pero decisiva que sostén, reforza e impulsa o noso labor cotián. Son quen se achegan con xenerosidade, sen esperar nada a cambio; quen ofrecen humanidade cando máis se precisa; quen converten cada xesto en apoio e cada palabra en esperanza. O seu compromiso vai máis alá das tarefas: é unha maneira de estar, de mirar, de comprender e de recoñecer a dignidade de


