A nosa historia

Na década dos anos 80 en España o problema da drogodependencia atacaba ferozmente. Galicia non foi allea a esta realidade: centos de familias galegas estaban a ser afectadas por esta problemática e a droga deixaba de ser unha anécdota para converterse, desgraciadamente, nun elemento de destrución persoal e de deshumanización.

É entón, cando os Bispos galegos deciden impulsar un programa de rehabilitación e reinserción social para drogodependentes que xa funcionaba desde finais dos anos 60, con resultados moi satisfactorios, en Italia e que, en España, comezou a sua andaina no ano 1984 e propónselle a Ramón Gómez Crespo a responsabilidade de poñer en marcha o Proxecto Home en Galicia.

Proxecto Home Galicia nace como un programa de rehabilitación e reinserción de persoas con problemas de adicción, mais adiante, tamén de prevención onde dende o modelo biopsicosocial se lle facilita á persoa realizar un proceso de rehabilitación de modo integral sendo a persoa protagonista dende o inicio do tratamento.

O seu obxectivo final é a total preparación para que a persoa se inserte axeitadamente na sociedade traballando, así, as suas capacidades persoais e mellorando a sua autoestima e autonomía.

Un dos principios fundamentais de Proxecto Home Galicia é a gratuidade. Nace e mantense como un servizo desinteresado e solidario ás persoas adictas, ás súas familias e á sociedade en xeral. É tamén unha entidade apartidista e aconfesional.

Proxecto Home Galicia forma parte da Asociación “Proyecto Hombre”, que é de ámbito nacional, xunto con outros 27 programas repartidos por toda a xeografía española.

O 23 de xaneiro de 1990 PROXECTO HOME GALICIA, abre as súas portas en Santiago de Compostela dando así os seus primeiros pasos dun camiño no que levamos 31 anos.

O 13 de febreiro de 1990 constitúese a FUNDACIÓN MONTE DO GOZO como entidade xurídica e promotora de PROXECTO HOME GALICIA, encamiñado á REHABILITACIÓN E REINSERCIÓN SOCIAL de persoas adictas, desenvolvendo tamén programas de PREVENCIÓN.

Traxectoria histórica

1990
1990
Proxecto Home Galicia - Fundación Monte do Gozo

23/01/90: Apertura do primeiro centro de Proxecto Home Galicia na cidade de SANTIAGO DE COMPOSTELA. Neste Centro (Acollida) ponse en marcha a primeira Fase de tratamento do Programa Tradicional.

13/02/90: Constitución da Fundación “Monte de Gozo”.

13/08/90: Apertura da Comunidade Terapéutica “ As Cernadas”: segunda Fase de tratamento do Programa Tradicional.

01/06/90: Apertura do primeiro Piso de Apoio para usuarios homes que non teñen familia que lles de apoio para a rehabilitación.

1991
1991
Constitución da Asociación de Familias e Amigos de Proxecto Home Galicia

02/02/91: Apertura do primeiro Piso de Apoio para usuarias que non teñen familia que lles de apoio para a rehabilitación.

06/06/91: Apertura do Centro de Reinserción Social: Terceira e última Fase do tratamento do Programa Tradicional.

23/12/91: Constitución da Asociación de Familias e Amigos de Proxecto Home Galicia.

1992
1992
Admisión na Asociación "Proyecto Hombre"

09/02/92: Admisión de Proxecto Home Galicia como membro de pleno dereito da Asociación Nacional “Proyecto Hombre”.

1993
1993
Apertura do centro de Vigo

11/05/93: Apertura do centro de Acollida e do centro de Reinserción Social do Programa Tradicional na cidade de VIGO.

02/11/93: Apertura do Programa de Apoio en Santiago de Compostela.

1997
1997
Novos centros

05/04/97: Apertura do centro de Acollida e Reinserción Social do Programa Tradicional na cidade de OURENSE.

13/09/97: Apertura do centro de Acollida e Reinserción Social do Programa Tradicional na cidade de LUGO.

30/09/97: Apertura do Programa para Adolescentes no centro de OURENSE.

1998
1998
Visita de S.A.R. D. Felipe de Borbón a Proxecto Home

02/03/98: Apertura do Programa para Alcohólicos, na cidade de A Coruña.

19/05/98: Primeiro partido de fútbol benéfico DROGAS NON no Estadio de Balaídos (Vigo).

18/09/98: Visita de S.A. R. D. Felipe de Borbón, Príncipe de Asturias.

2000
2000
X Aniversario de Proxecto Home Galicia

01/09/2000: Apertura da Comunidade Terapéutica Urbana no centro de LUGO.

08/09/2000: Apertura do Programa de Ludopatías no centro de OURENSE.

17/09/2000: Implantación en distintos centros educativos das Provincias de OURENSE E LUGO do Programa de Prevención escolar “Entre Todos”.

29/09/2000: Apertura do Programa de Cocaína no centro de VIGO.

2001
2001
Nova comunidade terapéutica

22/11/2001: Apertura da Comunidade Terapéutica Intrapenitenciaria dentro do Centro Penal de Pereiro de Aguiar (OURENSE).

2003
2003
Apertura dun novo centro en Pontevedra

13/09/2003: Apertura do Programa para Alcohólicos no centro de OURENSE.

12/11/2003: Apertura do centro de Acollida inmediata e do Programa de Alcol en PONTEVEDRA.

2005
2005
Programa "Acougo"

20/07/2005: Apertura do Programa "Acougo" para drogodependentes diagnosticados con patoloxía dual e/ou deterioración cognitiva severa, no centro de VIGO.

2006
2006
Novas instalacións en Bastiagueiro

05/06/2006: Apertura do Programa para mulleres embarazadas e/ou con fillos a cargo na Comunidade Terapéutica de “As Cernadas”.

20/07/2006: Inauguración das novas instalacións de Proxecto Home Galicia en A Coruña (BASTIAGUEIRO).

2007
2007
Inauguración do Pazo de Guizamonde en Ourense

15/09/2007: Inauguración das instalacións de Proxecto Home Galicia en OURENSE tras as obras de reformas.

2012
2012
Inauguración da nova sede en Santiago de Compostela

23/02/2012: Inauguración das novas instalacións de Proxecto Home Galicia en Santiago de Compostela.

2015
2015
XXV Aniversario de Proxecto Home Galicia

28-30/01/2015: Xornadas científicas organizadas por Proxecto Home Galicia.

18/03/2015: Inauguración da Exposición "ARTE e SOLIDARIEDADE". Na súa VIII edición, percorreu as sete principais cidades galegas.

11/06/2015: Trail e andaina solidaria no Monte Pedroso en Santiago de Compostela.

Premios e distincións