Visita Gonzalo Caballero

Comparte nas túas redes sociais:

Visita a Comunidade Terapéutica As Cernadas

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, visitou hoxe, acompañado polo portavoz do Grupo Parlamentario Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, o deputado portavoz de área de Sanidade, Julio Torrado Quintela, a secretaria de política social da Comisión Executiva Nacional Galega, Marina Ortega e pola directora de Comunicación do PSdeG-PSOE, Irene Viña, a Comunidade Terapéutica do Proxecto Home Galicia en Val do Dubra.

Ás 12.00h foron recibidos polo director de Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez Crespo e pola coordinadora da comunidade terapéutica “As Cernadas”.

A continuación, despois de dirixirse aos medios de comunicación, puideron visitar as instalacións do centro, e fixeron un percorrido polo Centro Hípico, os invernadoiros, os talleres de Cantería e de Enerxías Renovables, as cociñas, a aula de informática, a Gardería Infantil e polo resto da casa.

Ás 13.30h tiveron un encontro informal coas persoas a tratamento e co equipo educativo-terapéutico. Momento no que Gonzalo Caballero aproveitou para felicitar a Proxecto Home pola labor tan importante que fai dende hai 28 anos no eido das adiccións.

Pola súa banda Ramón Gómez Crespo agradeceulles a visita. Ás 13.50h xuntanza no comedor para compartir o almorzo coas persoas a tratamento.
Para rematar, antes de marchar, puideron coñecer a Sala Acumulación Enerxía Fotovoltaica e o Módulo Formativo: Cociña Experimental e Aula

Proxecto Home Galicia, foi escollido para participar no Programa EFQM de Obra Social de Caixa Galicia
Amigos de Galicia prestará axuda a Proxecto Home
I Encontro “Contigo Somos Proyecto”