Visita do Director Xeral de Inclusión

Comparte nas túas redes sociais:

O Director Xeral de Inclusión Visita o centro de Proxecto Home en Ourense

O Director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou hoxe as instalacións de Proxecto Home Ourense da Fundación Monte do Gozo, dedicadas ao desenvolvemento de programas asistenciais e de prevención dirixidos á reinserción social de persoas adictas.

Esta Comunidade Terapéutica é un recurso dirixido a aquelas persoas que requiren un distanciamento da súa contorna habitual para continuar o proceso de rehabilitación.

Unha característica esencial na Comunidade Terapéutica é o establecemento dunha intensa experiencia grupal, convertendo á persoa usuaria en suxeito activo e protagonista da dinámica comunitaria, e podendo así vivir a experiencia de participar nun clima de mutua axuda: tanto a que recibe como a que achega ás demais persoas.

Durante a visita, o director xeral felicitou aos seus responsables polo “traballo que realizan desde hai anos, grazas ao cal moitas persoas se teñen recuperado das súas adiccións”. Neste sentido, salientou que “se trata dunha iniciativa plenamente consolidada na nosa Comunidade que ten demostrada a súa valía para conseguir a integración harmónica e satisfactoria no ámbito familiar, social e laboral das persoas con problemas de adicción”. “Nesa tarefa de prevención e loita contra todas as formas de toxicomanías seguirán contando co apoio da Xunta de Galicia”.

Pola súa banda, o director de Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez Crespo agradeceu a colaboración de Consellería de Política Social e, en concreto, da dirección xeral de Inclusión Social xa que “esta é unha loita na que nos temos que implicar todos e todas”.

Proxecto Home inicia varios programas para a inserción laboral
Seminario sobre O modelo SOGAMA na Comunidade Terapéutica As Cernadas
A XX festa solidaria de Proxecto Home reuniu a 2.000 persoas