Dous profesionais de Coolmine, un centro de tratamentos de drogas e alcol establecido en Dublín (Irlanda) dende o ano 1973, coñeceron as instalacións e programas que desenvolve Proxecto Home Galicia.
Coolmine ten diversos servizos comunitarios, diúrnos e residenciais dirixidos a homes e mulleres con problemas de consumo de sustancias e ás súas familias.
Proxecto Home colabora a nivel internacional con distintas organizacións e, por este motivo, dous profesionais de Coolmine viaxaron para coñecer o traballo de desenvolve Proxecto Home Galicia dende hai máis de vinte e sete anos.
Ao longo de catro xornadas, dous profesionais de Coolmine percorreron as instalacións e visitaron os programas que desenvolve Proxecto Home Galicia, co obxecto de coñecelos máis de preto.
Durante a súa visita, na que compartiron a súa experiencia cos profesionais de Proxecto Home Galicia, puideron coñecer con detalle o Centro de Ourense e a Comunidade Terapéutica Intrapenitenciaria que Proxecto Home xestiona no Centro Penal de Pereiro de Aguiar, a sede Central en Santiago, a comunidade terapéutica As Cernadas no Concello de Val do Dubra e o centro de alcoholismo emprazado en Bastiagueiro.