Este mércores os alumnos da Comunidade Terapéutica “As Cernadas” que están a preparar a ESO tiveron unha saída didáctica ao Museo de Historia Natural e ao Observatorio Astronómico “Ramón María Aller”.
A primeira parada foi no Museo onde puideron gozar da Biodiversidade Terrestre Galega e mundial, da Xeodiversidade, da Edafodiversidade, da Biodiversidade mariña e da Exposición temporal sobre microscopios. Pablo Gómez profesor voluntario de Ciencias fixo de guía.
Ao remate dirixíronse ao Observatorio onde os recibiu o director do Observatorio, José Ángel Docobo Durántez. Despois dunha charla sobre a historia do observatorio e do traballo que están a realizar puideron ver Venus, estrelas dobres, a nebulosa de Orión e cúmulos de estrelas.
Unha experiencia inesquecible e que lles permitiu poñer en práctica contidos que xa estudaran nas aulas, aquí o cicerone foi Antón Porteiro profesor voluntario de matemáticas.