Visita dos usuarios de C. T. Bastiagueiro a C.T. Cernadas

Comparte nas túas redes sociais:

Visita dos usuarios de C. T. Bastiagueiro a C.T. Cernadas

Este venres rompíase a rutina da comunidade coa visita dos residentes do centro de Bastiagueiro.

As  11.00 recibímolos na entrada e unha vez feitos os saúdos dirixímonos todos ata o salón onde o coordinador de comunidade lles deu a benvida.

Acto seguido, dous residentes, un de Cernadas e outro de Bastiagueiro leron unhas palabras e para rematar intercambiáronse uns pequenos agasallos.

Logo por grupos visitaron a casa e as súas magníficas instalacións.

As 13.45 volvemos a reunirnos no comedor para compartir un delicioso xantar preparado polo sector de cociña e despois dunha pequena sobremesa chegou o momento da despedida non sen antes facer unha foto de grupo para ter como recordo deste día tan especial.

Visita dos usuarios de C. T. Bastiagueiro a C.T. Cernadas
Gala Benéfica Solidaria – 25º Aniversario
Visita do Bispo Auxiliar de Santiago de Compostela a Comunidade Terapéutica Proxecto Home en Cernadas, Val Do Dubra.