Co gallo do Día das Letras Galegas, recibimos na comunidade a Xesús Ferro Ruibal, teólogo, catedrático de latín no ensino medio, investigador no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades de Santiago e membro numerario da Real Academia Galega.
Compartiu connosco a importancia da nosa lingua e as moitas posibilidades que ten. Deixou patente que o galego e unha lingua viva e como tal hai que defendela e usala.
Tamén tivo a oportunidade de visitar a casa e a súas instalacións, acompañado polo director de Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez Crespo, que lle amosou todas as reformas e melloras que se levaron a cabo dende o ano 2003 no que Xesús Ferro xa estivera impartindo un seminario nesta mesma casa.