Asamblea anual da Asociación de Familias e Amigos de Proxecto Home

Comparte nas túas redes sociais:

Asamblea anual da Asociación de Familias e Amigos de Proxecto Home

Proxecto Home celebrou onte en Compostela a súa asemblea anual, unha reunión na que os socios aprobaron o resumo de gastos do ano pasado e o orzamento para o presente exercicio; e na que tamén se abordou a situación na que se atopan os diversos programas que a institución ten en marcha nos diferentes centros que xestiona.

Ramón Gómez Crespo, presidente de Proxecto Home Galicia, explicou en conversacións con este xornal que no encontro fíxose especial fincapé nos programas relacionados coas dependencias ás novas tecnoloxías, principalmente aos xogos online; e tamén nos vinculados á violencia de xénero.

Así mesmo, sinalou que se debateron de forma global os programas en marcha destinados á inserción laboral. “O noso obxectivo é que atopen traballo canto antes”, subliñou Gómez Crespo.

Os asistentes á asemblea tamén puideron coñecer de primeira man o novo proxecto relacionado coas enerxías renovables que acaba de poñer en marcha a entidade e que ten como obxectivo achegar aos usuarios de Proxecto Home a este campo.

Proxecto Home inicia varios programas para a inserción laboral
A Fundación Rof Codina fará prácticas e prestará apoio clínico a Proxecto Home
Reinserción laboral: obxectivo do Proxecto Home