Seminario sobre medio ambiente e ordenación do territorio

Comparte nas túas redes sociais:

Seminario sobre medio ambiente e ordenación do territorio en C.T Cernadas

O martes 21 de febreiro contamos coa presenza de Agustín Hernández Fernández de Rojas, Portavoz do PP no Concello de Santiago. Licenciado en Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos pola Universidade Politécnica de Madrid.

Deu un seminario sobre Medio Ambiente. Fixo fincapé na importancia, coma cidadáns, de tomar consciencia da necesidade do coidado do medio ambiente para ter un futuro mellor, e das consecuencias ambientais das actividades humanas na nosa contorna.

Tamén nos fixo reflexionar sobre o abandono do rural, as posibles causas e o papel das institucións públicas para paliar estes déficits. 

A Directora Xeral de Familia e Inclusión visita a Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia
A SD Compostela recibe do Concello o trofeo do partido solidario deste sábado.
Conferencia científica 30º aniversario de Proxecto Home en Vigo