Seminario sobre educar: aventura ,tarefa e compromiso

Comparte nas túas redes sociais:

Seminario sobre educar: aventura ,tarefa e compromiso en C.T Cernadas

O martes 20 de decembro tivemos un seminario  na Comunidade Terapéutica de “As Cernadas”  impartido por Lois Ferradás Blanco, que foi Decano da Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela. Dedicouse a formación de mestres de Infantil  e a súas investigacións céntranse no estudo das boas prácticas docentes na universidade e na escola.

O seminario tiña como título: Educar: aventura ,tarefa e compromiso. Entre todos intentamos definir o concepto de Educación e reflexionar sobre a necesidade dos nenos e nenas para atoparse ben e desenvolver tódalas súas potencialidades.

É  un gran comunicador que soubo transmitirnos a súa paixón pola Educación e poñer de relevo a importancia das boas prácticas docentes para o futuro dos nosos nenos e nenas.

Benestar colaborará con Proxecto Home na realización de itinerarios de reinserción sociolaboral con máis de 135.000 euros
Usuarios de Proyecto Hombre Granada visitan Proxecto Home Galicia
Conferencia científica 30º aniversario de Proxecto Home en Vigo