A Comunidade Terapéutica “As Cernadas” acolleu o venres 18 de novembro aos terapeutas de Proxecto Home para unha xornada de formación a cargo de D. Eduardo Paz Silva, Facultativo Especialista de Área na Unidade de Agudos de psiquiatría do Hospital de Conxo (Santiago de Compostela).
Consultor psiquiátrico en Patoloxía Dual de Proxecto Home Galicia e integrante de diferentes Proxectos de Investigación relacionados coa xenética e a enfermidade mental. Ten varias publicacións en revistas internacionais e nacionais relacionadas con diferentes patoloxías psiquiátricas.
O tema tratado foi a problemática da Patoloxía Dual a través dunha interesante conferencia e da posterior resolución de casos concretos. Foi para todos unha xornada moi enriquecedora, que permitiu intercambiar experiencias e aclarar dúbidas.
Pero non todo foi formación, tamén puidemos compartir un xantar preparado polos residentes, coa inestimable axuda de Alberto Alonso, formador de cociña. Un menú e un servizo exquisitos.