CON-FÍO EN GALICIA

Comparte nas túas redes sociais:

Visita da Comunidade Terapeutica a exposición CON-FÍO EN GALICIA, VESTIR GALICIA, VESTIR O MUNDO

O martes 26 de abril a Comunidade Terapéutica “As Cernadas” de Proxecto Home asistiu a exposición CON-FÍO EN GALICIA, VESTIR GALICIA, VESTIR O MUNDO no Museo Centro Gaiás, na Cidade da Cultura de Santiago. Puidemos, coa axuda dun guía, facer a visita da arquitectura e a visita da exposición de vestidos desde a Idade Media ata a Idade Moderna.

“Foi para todos nós un día moi interesante, no que nos achegamos á historia e a cultura de Galicia desde a dimensión do téxtil e valoramos a moda como fenómeno característico das sociedades humanas. “

“Por outra parte tamén se nos explicou con moito detalle toda a arquitectura do conxunto, a través das maquetas que teñen expostas e coa propia visita dos diferentes recintos. “

Bo Nadal e Feliz Aninovo 2022
Presentación da Exposición “ARTE E SOLIDARIEDADE” en Ourense
Conferencia científica 30º aniversario de Proxecto Home en Vigo