gala “SERENIDADE 2015”

Comparte nas túas redes sociais:

PROXECTO HOME GALICIA premiado pola emisora RADIO-GALICIA CADENA SER na gala “SERENIDADE 2015”

Cadea SER, a emisora decana de Galicia, celebra a cuarta edición dos premios SERenidade recoñecendo o papel e a contribución á sociedade de personalidades e institucións vinculadas a Galicia.

Proxecto Home recibiu un premio pola súa contribución ao servizo das persoas, a organización “leva 25 anos traballando sen descanso polo futuro de moitas persoas, un organismo que esperta o mellor de cada un”.

Os premios SERenidade avalan ademais o traballo de Evaristo Nogueira, o decano do colexio de avogados de Santiago, pola súa constante disposición a compartir os seus coñecementos en materia xudicial e polo seu traballo en favor dunha maior proxección da cidade.

No ámbito educativo, galardón para a facultade de Matemáticas da USC, considerada como a mellor de España en 2015, por converterse para “a comunidade universitaria nacional e internacional nun referente no intercambio científico”, tamén se recoñeceu o traballo da Real Filharmonía de Galicia, “a orquestra alcanza a excelencia musical no seu 20 aniversario e desde Santiago proxecta o seu traballo grazas á súa vocación internacional con xiras e concertos por todo o mundo”.

Bo Nadal e Feliz Aninovo 2022
Visita do centro infantil Casa do Neno á Comunidade Terapéutica
O Monbus Obradoiro colabora con Proxecto Home Galicia