XXV aniversario de Proxecto Home Galicia

Comparte nas túas redes sociais:

Inauguración do XXV aniversario de Proxecto Home Galicia

Os problemas que ocasionan a dependencia de drogas e adicións son «de toda a sociedade» e non só das persoas que os padecen e da súa contorna máis próxima, afirmou Ramón Gómez Crespo, director de Proxecto Home, no inicio dunhas xornadas coas que esta entidade inicia a conmemoración do 25 aniversario do seu funcionamento. Asisten 120 persoas, especializadas e interesadas nas toxicodependencias, e inaugurounas a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera. Tamén participaron a edila de Servizos Sociais de Santiago, María José Corral ; o arcebispo, Julián Barrio; e outras representacións da Xunta, Concello compostelán, Parlamento, USC e entidades privadas. As xornadas salientan a necesidade de «entender», «previr» e «tratar» as toxicodependencias.

Gómez Crespo avogou por un «diálogo aberto» para ser máis eficaces, pois supoñen retos complexos para os que non caben respostas sinxelas. A traxectoria de Proxecto Home supón «unha porta aberta á esperanza» neste ámbito. «Non están os tempos para cesións e abandonos : as substancias  tóxicas seguen aí, a facilidade desta nosa sociedade para entregarse a condutas aditivas está aí, como aí está a tendencia a normalizar as cousas, aínda que sexan tan serias como asumir hábitos de dependencia, deteriorando o corpo e o espírito, a capacidade de vivir, a capacidade de estar facendo familia e sociedade responsable libremente».


 Por iso valora que «hai que estudar máis, reflexionar máis, para facer cada vez un traballo mellor, que aporte mellor o que as persoas adictas esperan de nós: acompañamento eficaz no camiño da maduración persoal».

Proxecto Home é unha entidade promovida desde a Igrexa católica, que desenvolve programas para rehabilitar e reinsertar a persoas adictas. O arcebispo de Santiago, Julián Barrio, como presidente da Fundación Monte do Gozo, que xestiona os centros desta entidade, manifestou que soña co día no que se supere o problema da droga e que se poidan dedicar os esforzos agora centrados no seu tratamento para outras situacións. A Igrexa, dixo, manterá a súa achega neste ámbito, pero necesita para ese labor colaboración das institucións sociais e políticas, dixo.

A conselleira de Sanidade felicitou a Proxecto Home polos seus 25 anos de «compromiso» para tratar as drogodependencias, que se manteñen como unha «grave problemática de saúde pública», afirmou. Mosquera, e a edila María José Corral , recordaron a contribución desde as institucións que representan para os fins desta entidade.

A conferencia inaugural das xornadas pronunciouna a continuación o xenetista Ángel Carracedo, sobre xenética do comportamento e das adicións.

Durante este día interveñen outros expertos de centros asistenciais e outras entidades e institucións relacionadas coas toxicodependencias:

11:00 horas Mesa Redonda:
“Tratamento. Actualidade e futuro”.

“Rehabilitación neurocognitiva e adiccións”.
Adolfo Piñón Blanco. Psicólogo. Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Vigo CEDRO.

“Novos obxectivos multidisciplinares, metodoloxía e aportacións ao método tradicional da comunidade terapéutica”.
Juan Carlos Permuy Bermúdez, Coordinador da comunidade terapéutica“As Cernadas” de Proxecto Home Galicia.

“Novos retos de tratamento dende a perspectiva daUMAD”.
Emilio Fariñas Vasco, Médico. Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes do Concello de Santiago de Compostela. UMAD.

13:00 horas Mesa Redonda:
“Intervención en alcoholismo e patoloxía dual”.

“Patoloxía dual, abordaxe hospitalario na rede de saúde mental”.
Eduardo Paz Silva. Psiquiatra. Especialista de área na Unidade de Agudos de psiquiatría do Hospital de Conxo en Santiago de Compostela.

“A comunidade terapéutica como clave de éxito no tratamento do alcoholismo”.
Vanessa García Guerra. Psicóloga. Coordinadora da comunidade terapéutica de alcoholismo en Proxecto Home Galicia en A Coruña.

“Abordaxe comunitario: proxecto de integración psicosocial “Acougo”.
Laura Abal Vázquez. Psicóloga. Coordinadora do centro de Proxecto Home Galicia en Vigo.

16:00 horas Conferencia:

“Papel da toxicoloxía na prevención das drogas de abuso”.
Manuel López-Rivadulla Lamas, Catedrático de Toxicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

17:00  horas Mesa Redonda:
“Tratamento dende a perspectiva penitenciaria”.

“Modelos de tratamento no Centro Penitenciario de Monterroso”.
Víctor Fraga Gayoso. Psicólogo. Director de Programas do Centro Penitenciario de Monterroso. Institucións Penitenciarias.

“Abordaxe intrapenitenciario. Comunidade Intrapenitenciaria de Proxecto Home”.
Patricia Pérez Rodríguez. Traballadora Social. Coordinadora da Comunidade Terapéutica Intrapenitenciaria de Proxecto Home Galicia no Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar.

Pérez Rumbao e a Fundación laCaixa apoian a Proxecto Home para a Inserción Sociolaboral en Santiago de persoas en situación de vulnerabilidade
Proxecto Home Galicia recibe o Certificado de Calidade ISO9001
Pérez Rumbao e Proxecto Home Galicia asinan un convenio de colaboración