Reunión do Voluntariado de Santiago

Comparte nas túas redes sociais:

Reunión do Voluntariado de Santiago

Rematamos o ano 2014 coa reunión de formación do voluntariado de Santiago o venres 19 de decembro, que ten cabida dentro do Plan Anual de Formación do Voluntariado.

A cita foi ás 17.00h no Centro de Proxecto Home que está na rúa Cottolengo. Xuntámonos case tódolos voluntarios das diferentes áreas para escoitar á relatora María Carril (coordinadora  do centro de Proxecto Home Galicia en Santiago) que nos ilustrou sobre: PROXECTO HOME, TRAXECTORIA DUNHA ALTERNATIVA SOLIDARIA.

Charla moi interesante e un magnífico resumo da traxectoria de Proxecto Home Galicia dende que empezou a súa andaina no ano 1990 ata o 2015, ano no que celebra o XXV aniversario de loita e de axuda ás persoas con problemas de adiccións.

Proxecto Home Galicia recibe o Certificado de Calidade ISO9001
Inauguración do XXV aniversario de Proxecto Home Galicia
Proxecto Home atendeu en Val do Dubra a 18.000 usuarios nos seus 32 anos de funcionamento