Tivemos a gran sorte de seguir cos seminarios culturais durante os meses de agosto e de setembro na Comunidade Terapéutica de Cernadas. Contamos con Amador Santos, un asiduo colaborador, que nos contaxiou o seu amor pola música. Foi o director da Banda de música de Santiago de Compostela, de corais e de grupos de cámara ademais de profesor de Historia da Música.
Tamén nos visitaron Adolfo Torrecilla, responsable da sección de literatura da Axencia Aceprensa e colaborador en diferentes publicacións e revistas : falounos do seu traballo como crítico literario , das distintas editoriais, dos premios literarios e sobre todo animounos a ler e a compartir cos demais esa experiencia.
Por outra parte Rosa Margarita Cacheda Barreiro, profesora e investigadora no Departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela, acercounos o mundo da Arte co gallo do IV centenario do pasamento do pintor El Greco. Afondou neste artista de finais do Renacemento, explicándonos a súa evolución pictórica.
Por suposto foron para todos os residentes unhas xornadas cheas de ledicia e de aprendizaxe que lles axudaran de cara á súa resocialización.