O Licenciado e Doutor en medicina, José Ignacio Carro Otero, impartiu unha charla, o día de hoxe, na Comunidade terapéutica de “Ás Cernadas”.
De xeito moi afable e con gran coñecemento, achegou os usuarios da comunidade á evolución e desenvolvemento histórico da cidade de Santiago de Compostela.
Unha charla rica en anécdotas e cunha achega de cultura de gran valor. Ao finalizar, visitou as instalacións da Comunidade Terapéutica e animou os usuarios do programa a seguir no camiño da recuperación.