O mércores 18 de xuño, visitáronnos residentes da C.T.U. e alumnos da E.P.A.P.U acompañados por terapeutas e profesores. En total 52 persoas que foron recibidas polo coordinador de C. T. “As Cernadas”, Juan C. Permuy sobre ás 14.00h.
Un residente da C.T.U. leunos unas palabras de agradecemento e outro da C.T. deulles a benvida, no comedor da casa.
Despois compartiron o xantar, preparado polo sector de cociña, cos residentes da casa. Momento para compartir a comida pero tamén para coñecerse e pasar un momento distendido.
Ao remate, foron ao salón onde puideron escoitar un pequeno relatorio sobre o Proxecto Home e o traballo que se fai na Comunidade, o primeiro a cargo de Ofelia Deben, coordinadora de C.T.U. Ourense e o segundo a cargo de Juan Carlos Permuy.
Acto seguido divididos en grupos de 12-13 persoas e acompañados por un residente, que fixo de anfitrión, visitaron a casa e as instalacións así como os distintos obradoiros prelaborais (equitación, piscifactoría, invernadoiros etc.).
Antes de despedirse, como xa é tradición, posaron cos terapeutas e os residentes para ter un recordo deste día.