entrega diplomas formación

Comparte nas túas redes sociais:

A Conselleira de Traballo e Benestar, entrega os diplomas dos cursos de formación na Comunidade Terapéutica de Proxecto Home

Beatriz Mato, achegouse a Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia para entregar os diplomas aos 30 participantes en cursos de formación para persoas desempregadas.

Foi recibida polo Director de Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez Crespo inmediatamente procedeuse a entrega de diplomas acreditativos aos participantes nos dous cursos que se impartiron na Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia: Canteiro e Auxiliar de Turismo Ecuestre.

É  moi de agradecer a colaboración da Consellería de Traballo e Benestar apoiando o desenvolvemento de actividades de formación para desempregados e facilitando o acceso de determinado número de usuarios a un traballo a través dos Programas de Cooperación.

Xornada de formación dos profesionais de Proxecto Home Galicia
O Compostela presenta o seu partido máis solidario
Proxecto Home tamén peregrina e xuntará o sábado a 2.000 camiñantes dende O Gozo