Pérez Rumbao convenio colaboración

Comparte nas túas redes sociais:

Pérez Rumbao e Proxecto Home Galicia asinan un convenio de colaboración

Pérez Rumbao, S.A.U., empresa líder da automoción de Galicia, e Proxecto Home Galicia asinaron esta mañá en Ourense un convenio de colaboración que ten por obxecto o mantemento dos servizos que permitan a prevención, o tratamento e a reinserción social de persoas con problemas de drogodependencia.

O convenio asinárono D. José Ramón Pérez Nieto, Presidente de Pérez Rumbao e D. Ramón Gómez Crespo, Director de Proxecto Home Galicia e Xerente da Fundación Monte do Gozo nas instalacións da firma no Polígono de Barreiros de Ourense.

Este compromiso, que se manterá polo menos durante os próximos cinco anos, materialízase cunha achega económica de DEZ MIL EUROS (10.000,00 €) anuais.

No ano 2011 Pérez Rumbao fixo unha achega similar a Proxecto Home Galicia.

En 2007 patrocinou a posta en marcha do novo centro de Proxecto Home Galicia emprazado na Rúa Pazo de Guizamonde xunto a catro empresas máis e varias administracións públicas.

Hai que destacar o gran valor que ten esta achega, nestes tempos de crise, onde o máis habitual son os recortes sociais, tanto dende o ámbito público como privado.

Visita da organización Coolmine as instalacions de Proxecto Home
Formalización do convenio de colaboración co SERGAS
Proxecto Home e Lapizka lanzan un proxecto para formar aos usuarios en restauración