Monbus Obradoiro colabora con Proxecto Home Galicia

Comparte nas túas redes sociais:

O Monbus Obradoiro colabora con Proxecto Home Galicia

O encontro que enfrontara ao Río Natura – Monbus e ao Valencia o vindeiro 16 de novembro será tamén o escenario no que, unha vez máis, o deporte amose a súa faciana máis solidaria.

O Obradoiro pon a dispor de Proxecto Home Galicia un determinado número de entradas que se venderán a 10 €, do que a metade deste importe contribuirá ao mantemento das programas que Proxecto Home Galicia desenvolve en Compostela dende hai case 24 anos.

Para apoiar esta iniciativa a rolda de prensa previa do adestrador o 14 de novembro, tivo lugar nas instalacións de Proxecto Home.

Ademais, o Obradoiro facilitará a Proxecto Home Galicia un espazo no Pazo Multiusos “Fontes do Sar” no que informar dos programas e actividades que desenvolve e, deste xeito, sensibilizar á sociedade compostelá sobre os prexuízos e problemáticas que está a causar o consumo de drogas e alcohol.

Durante o partido do 16 de novembro pola megafonía do Pazo Multiusos “Fontes do Sar” ofrecerase información sobre Proxecto Home Galicia.

Por último, a directiva do club santiagués entregará a Proxecto Home Galicia unha camiseta asinada por todos os xogadores.

Xornada do Voluntariado
Reinserción laboral: obxectivo do Proxecto Home
Presentación do partido entre Club Ourense Baloncesto e Ford Burgos