Conselleira de Traballo e Benestar visita a Comunidade Terapéutica

Comparte nas túas redes sociais:

A Conselleira de Traballo e Benestar visita a Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia

A titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, achegouse a Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia para entregar os diplomas aos 26 participantes en cursos de formación para persoas desempregadas.

Foi recibida polo Director de Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez Crespo e polo Presidente do Padroado da Fundación Monte do Gozo, Jesús García Vázquez.

A visita iniciouse facendo un percorrido polas instalación da Comunidade Terapéutica onde a Conselleira puido ver de preto o traballo que ven desenvolvendo Proxecto Home Galicia dende hai máis de 23 anos.

Beatriz Mato gabou o grande esforzo, tanto humano como económico, que fai Proxecto Home Galicia na rehabilitación de persoas adictas e, en especial, nas accións conducentes a facilitar a inserción sociolaboral das persoas en tratamento.

Realizou un minucioso percorrido por todos os obradoiros prelaborais a través dos que Proxecto Home Galicia facilita formación profesional ocupacional as persoas deste centro, co obxecto de favorecer a súa incorporación ao mercado laboral.

Neste senso hai que destacar o grande colaboración da Consellería de Traballo e Benestar apoiando o desenvolvemento de actividades de formación para desempregados e facilitando o acceso de determinado número de usuarios a un traballo a través dos Programas de Cooperación.

Despois de presidir o acto de entrega de diplomas a 26 alumnos da Comunidade Terapéutica das Cernadas de Proxecto Home Galicia, que se formaron en cantería e turismo ecuestre ao longo do ano 2012, a Conselleira mantivo un encontro informal cos usuarios do Centro e co Equipo Educativo-Terapéutico do mesmo.

Na súa intervención indicou que “non hai mellor ferramenta de inclusión social que o emprego” e, por iso, “apostar por unha formación de calidade é apostar polo futuro de Galicia”.
En canto a Proxecto Home Galicia, Beatriz Mato indicou que está a combinar dúas liñas principais das políticas da Consellería: traballar para as persoas e apostar pola mellora da empregabilidade dos traballadores.

O Director de Proxecto Home, Ramón Gómez, agradeceu a colaboración e apoio da Consellería de Traballo e Benestar e destacou a grande oportunidade que supón para os beneficiarios das actividades formativas a súa participación nas mesmas, xa que “hai que loitar moi duro para atopar un traballo na actual situación económica e moito máis duras aínda, para o colectivo co que traballa Proxecto Home Galicia”.

Visita da Comunidade Terapéutica de Cernadas de Proxecto Home Galicia ao Parlamento de Galicia
Seminario sobre ordenación do territorio a cargo de Rubén Cela Díaz en CT. Cernadas
A Fundación do Pontevedra C.F. e Proxecto Home unidos ata final de tempada