partido entre Club Ourense Baloncesto e Ford Burgos

Comparte nas túas redes sociais:

Presentación do partido entre Club Ourense Baloncesto e Ford Burgos

As instalacións de Proxecto Home Ourense acolleron este mércores a presentación do partido que Club Ourense Baloncesto e Ford Burgos disputarán este venres 22 de febreiro ás 21:00 horas no Pazo Paco Paz, correspondente á xornada 19 da Adecco Oro. O devandito acto contou coa presenza do patrón da Fundación Proxecto Home Ourense, Ramón Rivas, o Director de Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez, e o Presidente do COB, Roberto Fernández, quen na súa intervención sinalou que: “o Club Ourense Baloncesto está ao servizo de todos os estamentos da sociedade ourensana e neste caso a Proxecto Home ao que dedican este partido no que poderán difundir o traballo que vén realizando dende hai moitos anos dedicado á prevención do consumo de drogas, a rehabilitación e a reinserción social da persoa drogodependente.”

Ademais de recadar fondos a través do sorteo de 2 xamóns obsequio da empresa Coren”, “polo donativo de 1 euro”.


O Director de Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez, tras agradecer esta colaboración manifestou que: “dita iniciativa é un grande estímulo na dura loita para todos os que compoñemos a gran familia de Proxecto Home, onde o máis importante non é o económico, que tamén, se non a sensibilidade do Club Ourense Baloncesto ao pensar en nós para poder divulgar o noso traballo á sociedade. Porque isto ten que ser unha porta aberta á esperanza para todos aqueles que o necesiten e que tomen a decisión de apostar por unha vida sen drogas”.

Destacar que nos 23 anos de existencia, PROXECTO HOME GALICIA atendeu a 48.000 familias na nosa Comunidade Autónoma.

Visita da organización Coolmine as instalacions de Proxecto Home
O alcalde de Ourense recibe a Directora-Presidenta de Proxecto Home Galicia
«Cada vez hai máis problemas de saúde mental asociados ao consumo de hachís»