O Centro Comercial PONTE VELLA foi escenario este mércores da presentación do partido que Club Ourense Baloncesto e FC Barcelona Regal disputarán no Pazo Paco Paz, este venres ás 21:15 horas, correspondente á décimo sétima xornada da Adecco Oro.
O devandito acto contou coa presenza do director do centro comercial, Marcos Vila, o responsable en Ourense de Proxecto Home, Ramón Gómez, o presidente do COB, Roberto Fernández, así como a máscara “A Pita” o disfrace máis tradicional do carnaval da cidade.
Proxecto Home contará cun Stand no que dará información do traballo que vén desenvolvendo e baseado en tres aspectos fundamentais: a prevención do consumo de drogas, a rehabilitación e a reinserción social da persoa drogodependente.