partido solidario SD Compostela

Comparte nas túas redes sociais:

O Compostela presenta o seu partido máis solidario

A directiva do Compostela e represéntantes das sete asociacións participantes no partido solidario organizado polo club (Cogami, Compostela Down, Feafes, Juntos Podemos, Fundación Andrea, Fundación Sarela e Proxecto Home) presentaron o encontro que conmemora os cincuenta anos da entidade.

O Compostela enfrontarase o 29 de decembro (16.30 horas, en San Lázaro) a un combinado de xogadores galegos pertencentes ás diferentes categorías de fútbol nacional co fin de recadar fondos para as mencionadas asociacións.

O prezo da entrada é de 5 euros e tamén hai unha fila cero co número de conta 2080 0300 88 3040 152961 para que se poidan sumar as achegas solidarias.

Andaina Solidaria
Asamblea anual da Asociación de Familias e Amigos de Proxecto Home
Visita do Bispo Auxiliar de Santiago de Compostela a Comunidade Terapéutica Proxecto Home en Cernadas, Val Do Dubra.