Encontro Xeral de Voluntariado

Comparte nas túas redes sociais:

Encontro Xeral de Voluntariado de Proxecto Home Galicia

Dentro do Programa de Formación Permanente do Voluntariado que ofrece Proxecto Home Galicia ás  persoas que desenvolven a súa actividade voluntaria nos distintos centros, enmarcase esta xornada na que participaron aproximadamente cen persoas.

Celebrouse nas novas instalacións de Proxecto Home Galicia en  Santiago de Compostela. Neste incomparable marco, que  moitos voluntarios tiveron ocasión de visitar por primeira vez, Santiago González Avión, impartiu unha conferencia titulada “Crise e Voluntariado” na que afondou sobre a importancia do labor que fan as persoas voluntarias fronte o individualismo da sociedade actual.

A continuación fixéronse varias dinámicas de grupo e puxéronse en común as conclusións da xornada.

Finalmente, os voluntarios participaron nun xantar compartido.

O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, visitou hoxe a Comunidade Terapéutica
Proxecto Home Galicia premiado por Cenor na gala da II edición dos Premios Solidarios
Concierto solidario protagonizado por la Real Filharmonía y Milladoiro