Usuarios de Proyecto Hombre Granada visitan Proxecto Home Galicia

Comparte nas túas redes sociais:

Usuarios de Proyecto Hombre Granada visitan Proxecto Home Galicia

Un grupo de usuarios de Proyecto Hombre Granada, encabezados polo Presidente, Manuel Mingorance e acompañados de profesionais e voluntarios desta institución chegaron esta mañán a Santiago de Compostela despois de percorrer un tramo do Camiño de Santiago, concretamente dende Triacastela.

Despois de visitar a cidade acodiron a Misa do Peregrino na Basílica Compostelana e foron recibidos na Praza do Obradoiro polo Presidente de Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez Crespo que acompañou o grupo ata a Comunidade Terapéutica “As Cernadas” no Concello de Val do Dubra.

Neste centro compartiron o xantar cos usuarios e equipo terapéutico e, a continuación visitaron as instalacións.

Seguidamente,desprazaronse a Santiago de Compostela para coñecer o centro recén inaugurado no Paxonal, construido e financiado pola Fundación Amancio Ortega.

Pérez Rumbao renova a súa colaboración con Proxecto Home Galicia
Inauguración do Novo Centro de Proxecto Home Galicia en Santiago
Presentación da Memoria de Actividades 2010 de Proxecto Home Galicia-Fundación Monte do Gozo