érez Rumbao axuda con 10.000 euros

Comparte nas túas redes sociais:

Pérez Rumbao axuda con 10.000 euros a Proxecto Home

O venres, 14 de outubro, ás 11:30 h., na Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia en As Cernadas (Val do Dubra), tivo lugar o acto de sinatura dun convenio de colaboración entre Pérez Rumbao, S.A.U. e a Fundación Monte do Gozo – Proxecto Home Galicia, por un importe de 10.000,00 €.

O convenio foi asinado por D. Emilio Pérez Nieto, Presidente de Pérez Rumbao e D. Ramón Gómez Crespo, Director de Proxecto Home Galicia.

A colaboración desta empresa galega enmárcase dentro da campaña Resposta Social Solidaria coa que Proxecto Home Galicia pretende acadar compromisos estables por parte de empresas e particulares para ser quen de soster os servizos que ven prestando a longo de preto de 22 anos e, deste xeito, minimizar os efectos da crise económica.


O Presidente de Pérez Rumbao dirixiuse aos máis de 50 usuarios deste centro, animándoos a “recuperarse e a loitar por volver a integrarse na sociedade”.

Por outra banda, o Director de Proxecto Home Galicia quixo agradecer o esforzo que Pérez Rumbao e outras empresas e particulares están facendo para apoiar a entidades como a nosa, xa que “non é doado en tempos de crise, como os que estamos a sufrir, arbitrar axeitadamente a xestión dunha vontade socialmente solidaria”.

Presentación do libro “Cernadas e a Fundación San Castor e Santa Adelaida. De priorato benedictino a centro terapéutico de Proxecto Home Galicia (séculos X-XXI) “
Formalización do convenio de colaboración co SERGAS
O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, visitou hoxe a Comunidade Terapéutica