delegado do Goberno

Comparte nas túas redes sociais:

O delegado do Goberno fixo unha visita a Comunidade Terapéutica que Proxecto Home Galicia xestiona en Val do Dubra

O Delegado do Goberno en Galicia, Miguel Cortizo, fixo esta mañá unha visita as instalacions da Comunidade Terapéutica As Cernadas, no municipio coruñés de Val do Dubra.

O representante estatal estivo acompañado durante toda a visita polo director de Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez Crespo, e polo presidente do Patronato da Fundación Monte do Gozo, Jesús García Vázquez. Ambos explicáronlle o delegado o funcionamento da Comunidade As Cernadas, na que conviven nestes intres medio cento de usuarios, que participan en actividades terapéuticas así como en cursos de formación profesional ocupacional (albanelería, horticultura, etc) e en actividades educativas, formativas e culturais.

Miguel Cortizo trasladou aos usuarios e aos responsables do centro a súa admiración e satisfacción polos resultados do traballo levado a cabo durante todos estes anos por Proxecto Home Galicia. Asemade, fixo un chamamento o conxunto da sociedade para que haxa un maior compromiso e unha maior implicación na loita por erradicar a lacra social que constitúe a adicción as drogas.

O Delegado mostrouse partidario de non recortar nunca as axudas e inversións destinadas a iniciativas coma a de Proxecto Home Galicia. Dita institución conta para o desenvolvemento das súas actividades co financiamento do Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade.

Xornada de formación a cargo de D. Eduardo Paz Silva
A Xunta ensalza o traballo de Proxecto Home Galicia na inserción laboral das persoas en risco de exclusión social
A FUNDACIÓN MONTE DO GOZO RECIBE O APOIO DO MINISTERIO DE SANIDADE PARA A MELLORA DOS EQUIPOS DE VISUALIZACIÓN DA INSTALACIÓN FOTOVOLTAICA.