memoria 2010

Comparte nas túas redes sociais:

Presentación da Memoria de Actividades 2010 de Proxecto Home Galicia-Fundación Monte do Gozo

Nin as 1.116 persoas que solicitaron información a Proxecto Home Galicia, nin as case 960 ingresadas nalgún dos centros da institución, son capaces de frear o problema financeiro. Soster a peza económica resulta doloroso, sobre todo, se se quere ter «os pés na terra», di Ramón Gómez Crespo, director do Proxecto Home Galicia.

Ante a actual situación do recorte orzamentario, Proxecto Home decidiu centralizar os tratamentos para a rehabilitación dos adictos a drogas e alcohol en Compostela e A Coruña, respectivamente, eliminando este servizo en Lugo e Pontevedra. Esta medida, que ademais supón a consecuente perda de persoal, esperan que «será pasaxeira».

En canto ás adiccións, existen dous perfís diferenciados, o da persoa que consume drogas, sendo a cocaína a primeira sustancia que motiva o tratamento, que responde a un 37,8 %; e os que presentan adicción ao alcohol, que forman un 36,9 %. A institución reiterou que se trata de datos similares aos anos anteriores, aínda que denuncian un pequeno «repunte» debido á crise, que sempre asalta «ao máis feble».

Así mesmo, o director presentou onte en Compostela a memoria para o ano 2010. A idea a transmitir, tendo en conta os seus máis de douscentos voluntarios, está recollida no seu lema «Loitando pola vida». Gómez Crespo incide en que o 2010 foi un ano «fundamental» de celebración do 20.º aniversario. Entre os retos cumpridos, destacan a firma dun convenio de colaboración coa Fundación Amancio Ortega para a construción dunha nova sede nun solar cedido polo Concello de Santiago. Tamén remarcaron o arranque da campaña Resposta Social Solidaria, para difundir a súa filosofía entre a clase empresarial.

Fonte: La Voz de Galicia

O perfil sociodemográfico dos usuarios que recibiron tratamento o pasado ano corresponde nun 88 por cento o de un varón, dunha idade media de 37 anos (48 no caso de alcohol e 34 en drogas), que maioritariamente e solteiro. Neste sentido o director de Proxecto Home matizou que este non e o retrato da realidade da rúa, porque asegurou que “hai moitas máis mulleres que están enganchadas e teñen a problemática da adicción, pero que non acoden tanto a demandar os servizos”, cuestión que explicou polas “cargas familiares”, pola propia concepción social e por certas dinámicas atávicas da sociedade na que vivimos. Gómez Crespo cree que o equilibrio entre a porcentaxe de homes e mulleres que acoden a demandar un servizo de axuda a Proxecto Home reduciríase considerablemente se realizarán un traballo a pe de rúa.

A memoria tamén recolle que un 37,8 por cento das persoas ingresadas foi por consumo de drogas (heroina, cocaína e cannabis), mentres que casi un 37 por cento fixerono pola inxesta de alcohol. Gómez Crespo calificou o alcoholismo coma un problema moi serio que ven tendo a sociedade actual, un problema que según explicou incrementouse de xeito moi siginificativo nos ultimos anos e que motivou que Proxecto Home puxera en marcha un programa específico de tratamento que se desenvolve nos centros de A Coruña e Pontevedra. A pesar disto, asegurou que os datos son similares os de anos anteriores, o manterse a  heroína como a tercera substancia que motiva os tratamentos, seguida do alcohol e a cocaína.

Tamén destacou a importante mellora no nivel formativo das personas que demandan un tratamento e sinalou que tres de cada dez teñén finalizados os seus estudos primarios e dous de cada dez os de secundaria.

Fonte: La Región

Igualdade avalía vías de colaboración cos programas de xénero do Proxecto Home
Proxecto Home celebra a súa XXVIII Festa da Solidariedade
Usuarios de Proyecto Hombre Granada visitan Proxecto Home Galicia