Premios Compostelanos do Ano

Comparte nas túas redes sociais:

Proxecto Home galardoado nos Premios Compostelanos do Ano

O Teatro Principal foi o lugar escollido para albergar  a entrega dos premios Compostelanos do Ano, que xa van pola súa cuarta edición.

Ramón Gómez Crespo agradeceu o premio a Iniciativa Privada do Ano pola nova sede da entidade, a Fundación Amancio Ortega financiou en 2010 a obra, que daba os seus primeiros pasos a finais do ano pasado e que proximamente verá a luz. A parcela foi posta a disposición polo Concello de Santiago de Compostela a  Fundación Monte do Gozo, a través da Concelleria de Urbanismo.

O acto acodiron personalidades como o delegado do Goberno en Galicia, Miguel Cortizo, o alcalde Compostelano, Xosé Sánchez Bugallo e o expresidente de Xunta Gerardo Fernández Albor.

Fonte: Santiagosiete

Presentación da Exposición “ARTE E SOLIDARIEDADE” en Ferrol
O Monbus Obradoiro colabora con Proxecto Home Galicia
Inauguración da Exposición “ARTE E SOLIDARIEDADE” en Lugo