Fundación Amancio Ortega e a Fundación Monte do Gozo

Comparte nas túas redes sociais:

A Fundación Amancio Ortega e a Fundación Monte do Gozo suscriben un convenio para financiar a sede de Proxecto Home Galicia

A Fundación Amancio Ortega e a Fundación Monte do Gozo , promotora de Proxecto Home Galicia, asinaron hoxe en Santiago de Compostela, un convenio de colaboración para a construcción da sede central de Proxecto Home en Galicia.

No acto estiveron presentes, por parte da Fundación Amancio Ortega, a súa vicepresidenta, a Sra. Dna. Flora Pérez Marcote, e o director, D. Oscar Ortega Chávez; por parte da Fundación Monte do Gozo, o presidente do Patronato, D. José Antonio Seoane Ares, e o seu Director, D. Ramón Gómez Crespo.

En virtude de dito acordo a Fundación Amancio Ortega asume o compromiso da financiación e construcción das novas instalacions da sede central de Proxecto Home Galicia en Santiago de Compostela. Desta maneira esta institución, apoia a creación dun centro que suporá un impulso a  labor que Proxecto Home ofrece no ámbito social e asistencial os seus usuarios, que dende fai 20 anos reciben un apoio constante a través deste programa de rehabilitación e reinserción.

A sede central de Proxecto Home ubicaráse na rúa Cottolengo 2-4 parcela 15B sobre unha superficie de 4.809 metros cadrados, a parcela foi posta a disposición polo Concello de Santiago de Compostela a Fundación Monte do Gozo, a través da Concelleria de Urbanismo.

O deseño do edificio correu a cargo de Elsa Urquijo Arquitectos, e nace dun xeito silencioso de entender a arquitectura.

O seu plantexamento obedece a unha sinxela liña horizontal, capaz de expresar visualmente unha dirección, un movemento e un desenvolvemento.

O edificio é unha cobertura para a vida que transcorre nel, un espazo sereo, íntegro, en presenza e voluntade de permanencia.

A nova sede disporá dunha estructura multifuncional que acollerá os siguientes servizos:

I.   Área de terapia ambulatoria.
II.  Área Residencial
III. Área administrativa.
IV. Área de obradoiros.
V.  Áreas deportivas: ximnasio e pistas deportivas.
VI. Zona de xardins e parking.

En 1990 a Fundación Monte do Gozo, promotora de Proxecto Home Galicia, inaugura o seu primeiro centro en Santiago de Compostela. Actualmente está presente en A Coruña, Cernada do Val do Dubra, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo. Este ano 2010 cumprense 20 anos de traballo integral en Proxecto Home Galicia: con máis de 27.800 usuarios, 42.000 beneficiarios directos aproximadamente; ademáis conta cunha rede de máis de 1.100 voluntarios e 4.800 socios colaboradores.

Dende a súa creación Proxecto Home favoreceu a máis de 75.500 persoas.

A Fundación Amancio Ortega busca apostar polos valores nas suas diferentes áreas de  intervención, o apoiar iniciativas de compromiso solidario que poidan  ser referentes sociais e cuxo resultado constituia un beneficio para  toda a sociedade. Por este motivo, a Fundación Amancio Ortega considerou particularmente oportuno impulsar a construcción e implantación da nova Sede Central de Proxecto Home Galicia.

O alcalde de Ourense recibe a Directora-Presidenta de Proxecto Home Galicia
PROXECTO HOME GALICIA premiado pola emisora RADIO-GALICIA CADENA SER na gala “SERENIDADE 2015”
José Ignacio Carro Otero visita a Comunidade Terapéutica