Proxecto Home tamén peregrina

Comparte nas túas redes sociais:

Proxecto Home no Camiño de Santiago

Proxecto Home, adicada a prevención, tratamento e rehabilitación das drogodependencias, cumpre, este Ano Santo, 20 anos dende que se estableceu en Galicia. Por tal motivo, o 11 de setembro celebrará no Multiusos do Sar unha edición especial da súa tradicional Festa da Solidariedade na que se prevé unha asistencia de máis de duas mil persoas.

A maior parte deles participará tamén esa misma mañá nunha simbólica peregrinación dende O Monte do Gozo ata a Plaza do Obradoiro. Entre eles non faltarán os 28 membros de Proxecto Home que onte comezasron o Camiño dende O Cebreiro.

Juan Carlos Permuy, coordinador desta Ruta, explica que “son 24 homes e 4 mulleres de entre os 22 e 52 anos, que veñen en representación dos oito centros que Proxecto Home  ten en Galicia e das 500 persoas que pasan polos  nosos centros cada ano”.

“Partimos as sete e media da mañá dende O Cebreiro, e chegamos o redor das catro da tarde a Triacastela, onde xantamos”, dixo onte Permuy. “Foi unha etapa moi bonita, pero moi dura, na que tivemos temperaturas sobre os trinta graos”.

Hoxe chegarán a Sarria. O luns a Portomarín, o martes a Palas de Rei, despois a Arzúa e O Pedrouzo para pasar a noite do venres no Monte do Gozo. Camiñarán coa única asistencia do que levan na súa mochila e durmirán nos pabellons deportivos, entre outros centos de peregrinos que percorren por estas datas o Camiño.

“Doennos moitísimo  as pernas, e xa temos algunha que otra ampola, pero é moito máis forte a motivación que nos empurra a facer esta peregrinación. Para todos isto significa vivir unha experiencia solidaria e moi diferente”.

Fonte: El Correo Gallego

Igualdade avalía vías de colaboración cos programas de xénero do Proxecto Home
Convenio de Colaboración entre o Concello de Santiago e Proxecto Home Galicia
I Encontro “Contigo Somos Proyecto”