A Fundación Monte do Goxo – Proxecto Home, con sede en Santiago de Compostela e unha das 7 ONG galegas adicadas a prestación de servizos sociais que participarán nesta edición do Programa EFQM de Caixa Galicia.
Durante máis dun ano Proxecto Home traballará, xunto coas outras 6 entidades galegas seleccionadas e co apoio de Obra Social de Caixa Galicia, para mellorar as súas respectivas organizacions, revisando as súas formas de actuación, compartindo as boas prácticas e aplicando solucions innovadoras. Todo iso para que as persoas destinatarias das súas accions, reciban mellores atencions e conten con mellores servizos.
A sinatura do convenio de colaboración entre Caixa Galicia e as organizacions seleccionadas tivo lugar o 12 de maio no Centro de Estudios Caixa Galicia en Santiago de Compostela ( Rúa Nova, 33) e contou coa participación de D. Manuel Aguilar López, Director de Obra Social de Caixa Galicia e cos representantes das organizacions seleccionadas.
A Fundación Monte do Goxo – Proxecto Home ten por objetivo a rehabilitación e reinserción social de persoas adictas , ademáis da prevención das drogodependencias. Proxecto Home xa obtivo a acreditación de calidade ISO 9001.
O integrarse neste programa da un paso máis no seu compromiso coa calidade dos seus servizos, traballando para obter o selo EFQM (European Foundation for Quality Management), basado nun modelo que ten por misión apoiar as organizacions en toda Europa para acadar a excelencia na satisfacción o cliente, a satisfacción dos empregados, o impacto na sociedade e nos resultados de negocios.
A EFQM (European Foundation for Quality Management) foi fundada en 1988 polos presidentes das 14 maiores compañías europeas, co apoio da Comisión Europea. Actualmente son membros desta fundación máis de 600 organizacions, dende multinacionais e importantes compañías nacionais, ata universidades e institutos de investigación.
O programa EFQM enmarcase dentro de Socialia Calidad, iniciativa que abrangue as accions e o compromiso de Caixa Galicia coa mellora e o fortalecemento do Tercer Sector de acción social. Dende a posta en marcha de Socialia Calidad en 2005, participaron un total de 107 ONG, 61 de elas galegas e 46 das comunidades de Castilla y León e Valencia. Cando finalice 2010, o número de entidades sociais con recoñecemento externo a sua xestión será de 87.