Teófilo Comunicacións presentou o libro “Boas Noites Galicia”, que fai un percorrido pola xeografía galega a través de 166 instantáneas tomadas pola noite.
Este volume sumase os xa presentados de Santiago, Pontevedra, Ourense e Vilagarcía. Unha porcentaxe das vendas do libro destinaranas ao Proxecto Home, entidade que xa foi a beneficiaria de parte dos ingresos obtidos por Boas noites Santiago.
A publicación adiantouse con ocasión do ano santo sobre as previsións iniciais de pechar con el unha serie de libros dedicados ás principais
cidades galegas. Este cambio de plans responde a que, como explicou o editor, ao fin e ao cabo «somos una empresa», e querían aproveitar que moitos dos miles de visitantes que virán a Galicia atraídos por Santiago queren levar un recordo así.
A presentación de Boas noites, Galicia celebrouse no Hostal dos Reis Católicos coa participación do editor, do ex presidente da Xunta Gerardo Fernández Albor, e o director do Proxecto Home, Ramón Gómez.