CT Cernadas

Comparte nas túas redes sociais:

A Fundación Rof Codina fará prácticas e prestará apoio clínico a Proxecto Home

As dependencias hípicas de Proxecto Home en Cernadas (Val do Dubra) serán usadas para prácticas e actividades de tipo docente e formativo do alumnado de Fundación Rof Codina, tras un convenio asinado onte polo conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, como presidente da fundación, e o director do centro asistencial para rehabilitación de persoas toxicodependentes, Ramón Gómez Crespo.

A Rof Codina desenvolve labores docentes no campus de Lugo, e prestará especial atención as cuestions relativas a reproducción de équidos. Tamén farán diagnósticos anatomo-patolóxicos, análisise de mostras e informes técnicos relativos o gando cabalar, e colaborará en outros estudos que demande Proxecto Home.

A relación con estos animais desenvolve unha función importante dentro dos procesos de recuperación que oferta Proxecto Home na súa Comunidade Terapéutica.

Visita dos usuarios de C.T Cernadas ao Museo de Historia Natural e ao Observatorio
Presentación do libro “Boas Noites Galicia”
A Directora Xeral de Familia e Inclusión visita a Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia