sudelegado Ourense refuerzo CTI

Comparte nas túas redes sociais:

Reunión co Sudelegado do Goberno, Proxecto Home propón reforzar o programa de apoio a reclusos con adiccións

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, repasou onte coa nova directora de Proxecto Home Galicia, Ofelia Debén, iniciativas como o programa de Comunidade Terapéutica Intrapenitenciaria, que se desenvolve no centro penal de Pereiro de Aguiar desde 2001.

O obxectivo é favorecer a rehabilitación e reinserción social de internos con problemas de adición, e na actualidade son 14 os internos rexistrados.

Ofelia Debén destacou os resultados positivos conseguidos e mostrou a súa disposición para reforzar o programa.

A directora de Proxecto Home Galicia destacou os resultados positivos acadados con este programa e trasladou a disposición da entidade para continuar colaborando e reforzar o mesmo.

Por último, o subdelegado do Goberno subliñou a participación desta entidade no obxectivo diario de que os reclusos superen as súas adicións, así como a labor asistencial e terapéutica que desenvolve cos seus programas e servizos “ante unha realidade que, desgraciadamente, segue formando parte activa da nosa sociedade”.

Inauguración da Exposición “ARTE E SOLIDARIEDADE” en Pontevedra
Benestar colaborará con Proxecto Home na realización de itinerarios de reinserción sociolaboral con máis de 135.000 euros
A SD Compostela recibe do Concello o trofeo do partido solidario deste sábado.