visita Acougo a PH Ourense

Comparte nas túas redes sociais:

Visita do Programa Acougo do Proxecto Home Vigo a Comunidade Terapéutica Urbana de Ourense 2

Hoxe foi un día especial para os anfitrións e para os visitantes. Xornada de convivencia e de intercambio de experiencias pero tamén houbo tempo para coñecer a cidade de Ourense da man dun guía experto e moi ameno. Iso foi o preludio dun día inesquecible xa que compartiron espazo, comida, charlas e risas.

Os usuarios de Ourense tiñan preparada unha obra de teatro “Os vellos non deben de namorarse” que representaron con moito cariño e profesionalidade. Despois chegou o momento da despedida e os de Vigo emprenderon o camiño de volta cheos de bos recordos e de forzas para seguir na loita diaria.

Presentación da Exposición “ARTE E SOLIDARIEDADE” en Vigo
A Xunta ensalza o traballo de Proxecto Home Galicia na inserción laboral das persoas en risco de exclusión social
Inauguración do XXV aniversario de Proxecto Home Galicia