reinsercion lapizka

Comparte nas túas redes sociais:

Reinserción laboral: obxectivo do Proxecto Home

Conseguir a reinserción laboral das persoas que tiveron problemas coas drogas é un dos grandes piares do Proxecto Home. Agora acaban de organizar un curso para formalos como cociñeiros e axudalos a buscar unha oportunidade na restauración.

Nas Cernadas, unha das comunidades terapéuticas do Proxecto Home, asisten os alumnos do primeiro curso de restauración. Están a aprender os coñecementos básicos de cociña. O reto: buscar novas saídas no mercado laboral para aqueles que están en proceso de reinserción tras deixar as drogas.

O de cociña é un dos moitos cursos que se imparten no Proxecto Home. Realmente a formación é un dos grandes piares deste proxecto, en que contan co financiamento institucional, pero tamén co de empresas privadas que suman apoios importantes.

Da importancia da formación en Proxecto Home hai un dato que cabe destacar: case o 100 por cento dos que saen destes centros logran a reinserción laboral.

Fonte orixinal con vídeo

Trail e Andaina Solidaria – XXV Aniversario
Visita da Directora-Presidenta de Proxecto Home Alacante
Visita dos usuarios de C. T. Bastiagueiro a C.T. Cernadas