rumbao_lacaixa

Comparte nas túas redes sociais:

Pérez Rumbao e a Fundación laCaixa apoian a Proxecto Home para a Inserción Sociolaboral en Santiago de persoas en situación de vulnerabilidade

O grupo Pérez Rumbao e a Fundación laCaixa, coa colaboración de CaixaBank, entregaron 12.000 euros ao proxecto de Inserción Sociolaboral Avanza, de Proxecto Home Galicia. A iniciativa enmárcase dentro de Fórmula Solidaria, un programa de CaixaBank que canaliza fondos da Fundación laCaixa e aportacions de particulares ou empresas como o grupo Pérez Rumbao para axudar a que entidades sociais e asistenciais dispoñan de recursos para desenvolver a súa labor a favor de persoas en situación de vulnerabilidade.

 A entrega tivo lugar na Comunidade Terapéutica de Proxecto Home, en Val do Dubra. Asistiron Joaquín Pérez e Javier Vela por parte do grupo Pérez Rumbao, Emilio Barreiro por parte de CaixaBank, Ramón Gómez e Ofelia Debén en representación de Proxecto Home Galicia.

Joaquín Pérez, presidente do grupo Pérez Rumbao, recalcou que, neste momento «as empresas debemos dar un paso adiante, e na medida das nosas posibilidades, axudar onde a sociedade máis o precisa».

Emilio Barreiro, director de empresas de CaixaBank en Galicia, destacou o compromiso solidario de Pérez Rumbao, recordando «outras axudas recentes que a empresa concedeu para paliar o impacto social provocado polo «coronavirus».

Benestar colabora con Proxecto Home en diversas actuacións cara á reinserción social das persoas en risco de exclusión
Os empresarios do Tambre achegan 7.000 euros a Proxecto Home e a Cociña Económica
A Fundación do Pontevedra C.F. e Proxecto Home unidos ata final de tempada