A Conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro con representantes da Fundación Monte do Gozo – Proxecto Home Galicia, no que destacou a labor desta entidade a favor da inserción laboral de persoas desempregadas e mozas en risco de exclusión.
A Consellería de Emprego e Igualdade mantén un marco estable de cooperación coa Fundación, que nos últimos 11 anos supuxo 3 millóns de euros no marco de programas que favorecen a empregabilidade.
Lorenzana manifestou no encontro -no que puido coñecer a nova directora da entidade, Ofelia Debén- que a Xunta, do mesmo xeito que a Fundación Monte do Gozo, traballa para favorecer a empregabilidade das persoas con maiores dificultades e puxo en valor o traballo que esta organización desenvolve para conseguir a plena rehabilitación e inserción laboral da persoa adicta