xornada_voluntariado_22

Comparte nas túas redes sociais:

Xornada do Voluntariado

O sábado, 17 de setembro de 2022, reunímonos no centro de Proxecto Home de Santiago de Compostela, ao redor de 60 persoas, voluntarios e terapeutas, nunha xornada de formación e encontro para retomar as actividades que desenvolven, especialmente, as persoas que queren achegar o seu granito de area nos programas e procesos de rehabilitación que levan a cabo en cada centro.

Facía tempo (máis de dous anos) que non nos reuniamos así e…  notouse que había ganas!!!

Ao longo do día compartimos experiencias, expectativas, ilusión, comida e ganas de continuar cos labores de acompañamento, actividades, labores administrativos e de recepción… e o desexo de seguir axudando a quen conta pouco ás veces para a sociedade e necesitan sentir unha man que empuxe e anime.

Visita do Bispo Auxiliar de Santiago de Compostela a Comunidade Terapéutica Proxecto Home en Cernadas, Val Do Dubra.
A Consellería de Educación asina un acordo coa Fundación Monte do Gozo Proxecto Home Galicia
Día da muller traballadora #MulleresConProxecto