Visita do Bispo Auxiliar de Santiago de Compostela

Comparte nas túas redes sociais:

Visita do Bispo Auxiliar de Santiago de Compostela a Comunidade Terapéutica Proxecto Home en Cernadas, Val Do Dubra.

O 27 de outubro de 2022, visitou a Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia, o Bispo Auxiliar de Santiago de Compostela, D.Francisco José Prieto Fernández.

Foi recibido por Dona Ofelia Debén Rodríguez, Directora – Presidenta do Proxecto Home Galicia, acompañada por D. Jesús García Vázquez, Presidente do Padroado da Fundación Monte do Gozo e D. Ramón Gómez Crespo, Xerente da Fundación Monte do Gozo.

Proxecto Home Galicia desenvolve o seu labor dende o ano 1990, en concreto a Comunidade Terapéutica de Cernadas, abriu as súas portas aos primeiros residentes o 13 de agosto de 1990, dende esa data, leva adiante un traballo Terapéutico-Educativo, de altísima calidade, e recoñecida eficacia, sendo un centro de referencia, non só para Galicia, senón a nivel nacional e internacional.

O Longo destes 32 anos, lévase atendido a máis de 18.000 usuario directos, e a máis de 38.000 indirectos.

Neste centro ofértase un programa para mulleres con fillas/os a cargo.

Visita do Bispo Auxiliar de Santiago de Compostela
Visita do Bispo Auxiliar de Santiago de Compostela

A Comunidade Terapéutica conta cunhas instalacións, francamente espectaculares, onde os usuarios, ademais do seu traballo de rehabilitación a nivel psicolóxico, contan cunha oferta ampla de posibilidades formativas no ámbito laboral con talleres de cantería, albanelaría, xardinaría, enerxías renovables, así como unha área de Equitación, incorporando a hipoterapia como oferta tamén singular neste ámbito.

Tamén dispón dunha área de agricultura, cunha horta moi estruturada e que conta cunha liña experimental en colaboración coa Consellería de Medio Rural.

Así mesmo, conta cunha liña de Restauración máis profesional, posta en marcha hai un ano en colaboración coa entidade LAPIZKA.

Con todo, non todo está feito, tamén hai por diante retos, que lle expuxeron e mostraron ao Bispo Auxiliar de Santiago de Compostela, entre eles, abrir un Albergue de Peregrinos nunha parte aínda pendente de rehabilitar, solicitando nun futuro próximo financiamento a Xunta de Galicia, para poder levar a cabo este proxecto.

Colaboración do C.D. Ourense con Proxecto Home
Visita da Directora-Presidenta de Proxecto Home Alacante
Visita da Directora Xeral de Producción Agropecuaria e do Subdirector Xeral de Gandaría da Consellería de Medio Rural