Visita do CFPI PORTOVELLO

Comparte nas túas redes sociais:

Visita do CFPI Portovello á Comunidade Terapéutica “As Cernadas”

O xoves 2 de marzo, viñeron coñecer o traballo que se está levando a cabo na Comunidade Terapéutica “As Cernadas”, situada no Val do Dubra, un grupo de alumnos do CIFP Portovello de Ourense. Alumnos de 2º curso do Ciclo Superior de Integración Social, acompañados por Fátima Paz e Isabel Ferreiro dúas das súas profesoras.

Á súa chegada ás instalacións foron recibidos pola Presidenta-Directora de Proxecto Home Galicia, Ofelia Debén e pola Coordinadora de Comunidade Andrea Porto.

Despois de darlles a benvida, reuníronse no salón de actos onde Ofelia deulles unha charla informativa sobre os distintos recursos de Proxecto Home Galicia, Andrea faloulles sobre o traballo que se fai cos usuarios en comunidade e María Crespo, profesora en comisión de servizos comentoulles a importancia da área de formación, de cultura e de lecer e tempo libre. Ao terminar visitaron as instalacións tanto interiores como exteriores.

XXV aniversario da Asociación Proyecto Hombre
Presentación do libro ‘El corazón lejano’ na sede de Proxecto Home en ourense
O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, visitou hoxe a Comunidade Terapéutica