convenio con Vegalsa Eroski

Comparte nas túas redes sociais:

Convenio de colaboración da Fundación Monte do Gozo con Vegalsa-Eroski

O día 14 de abril de 2023 asinouse, na comunidade terapéutica de Proxecto Home Galicia un convenio de colaboración con Vegalsa-Eroski.

No acto de firma celebrado esta mañá en Portomouro (Val do Dubra) participaron a directora de Sustentabilidade e Comunicación Corporativa da compañía, Gabriela González e o presidente do padroado da Fundación Monte do Gozo, Ramón Gómez Crespo.

A directiva da compañía de distribución alimentaria destacou «a satisfacción que supón para Vegalsa-Eroski formalizar esta colaboración coa Fundación Monte do Gozo, coa que vimos colaborando desde hai tempo en diferentes accións, polo papel esencial que ten Proxecto Home Galicia como axente de integración social».

O presidente do padroado da Fundación Monte do Gozo, Ramón Gómez Crespo, destacou a importancia deste convenio «que favorecerá, por unha banda, unha mellora considerable na calidade de servizos que se presta ás persoas en tratamento en Proxecto Home Galicia e, por outra banda, a alianza cunha das empresas de máis prestixio en Galicia no sector da distribución alimentaria».

O convenio recolle a relación de produtos alimentarios de ampla variedade que a distribuidora doará e que responden as necesidades transmitidas pola devandita entidade, entre os que se atopan aceites, pastas, arroces, peixe, ovos e lácteos, entre outros, que contribuirán á elaboración de 150 menús diarios.

Visita a Comunidade Terapéutica As Cernadas
XXII Festa da Solidariedade de Proxecto Home
Proxecto Home Galicia recibe o Certificado de Calidade ISO9001