Comparte nas túas redes sociais:

A Fundación Monte do Gozo recibe o apoio do Ministerio de Sanidade para a mellora do Sistema Dixital da Entidade

 

Financiacion

A FUNDACIÓN MONTE DO GOZO RECIBE O APOIO DO MINISTERIO DE SANIDADE PARA A MELLORA DO SISTEMA DIXITAL DA ENTIDADE

O importe da axuda ascende a 21.116,50 euros e procede do Ministerio de Sanidade, dentro do Plan de Recuperación Trasformación e Resilencia da Secretaria de estado de Sanidade, Delegación do Goberno para o Plan Nacional Sobre Drogas Financiado pola Unión Europea ‘NextGenerationEU ‘. O investimento completouse con fondos propios da Fundación Monte do Gozo por importe de 10.228,50 €.

A achega económica recibida pola Fundación Monte do Gozo destinouse á adquisición de distintos dispositivos informáticos: 23 ordenadores sobremesa (con monitor, teclado e rato), 23 webcam, 23 altofalantes, 3 computadores portátiles e 1 proxector multimedia, que favorecerán a mellora das competencias dixitais dos profesionais que traballan nos distintos centros.

Os equipos instaláronse na sede da Fundación Monte do Gozo para mellorar os servizos centrais da entidade e nos centros de tratamento de Santiago de Compostela, na Comunidade Terapéutica (Val do Dubra) e na Coruña.

A adquisición destes equipos mellorará a calidade do servizo prestado beneficiando tanto aos máis de 23 profesionais dos centros nos que se instalará, como ás máis de 650 persoas en tratamento.

O conselleiro de Cultura e Educación visita a Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia
Visita a Comunidade Terapéutica As Cernadas
Visita da Conselleira do Medio Rural e do Mar