Comparte nas túas redes sociais:

Visita da Comunidade Terapéutica Urbana de Proxecto Home Galicia sita en Ourense á Comunidade Terapéutica de As Cernadas, Val do Dubra

16 DE MAIO DE 2023

VISITA DA COMUNIDADE TERAPEUTICA URBANA DE PROXECTO HOME GALICIA SITA EN OURENSE Á COMUNIDADE TERAPÉUTICA DE AS CERNADAS, VAL DO DUBRA.

Co gallo do día das Letras Galegas, compartimos una xornada de convivencia entre a Comunidade Urbana de Ourense e a Comunidade As Cernadas. Despois da benvida, tivemos unhas actividades relacionadas coa efeméride e co homenaxeado deste 2023: Francisco Fernández Del Riego. Compartimos tamén a importancia da nosa lingua e as moitas posibilidades que ten. E ao remate dun saboroso xantar, os anfitrións fixeron de cicerones para guiar aos usuarios de Ourense polas marabillosas instalacións e pola casa.

Antes de marchar quixemos recordar o día cunha foto de grupo. Os usuarios de ambas comunidades quedaron con moi boas sensacións ao comprobar que a pesares dos quilómetros que os separan, todos eles comparten a mesma necesidade de saír das súas adiccións. O poder compartir vivencias e inquedanzas deullos folgos para seguir na loita.

Visita dos usuarios de C.T Cernadas ao Museo de Historia Natural e ao Observatorio
O Concello de Santiago colabora un ano máis con Proxecto Home
Visita do Bispo Auxiliar de Santiago de Compostela a Comunidade Terapéutica Proxecto Home en Cernadas, Val Do Dubra.