Comparte nas túas redes sociais:

Inauguración da exposición “Arte e Solidariedade” en Vigo

14 de xuño de 2023

Inauguración da exposición “Arte e Solidariedade” en Vigo

Obras de artistas como Antón Pulido, Din Matamoro, Ángeles Jorreto, Yolanda Carbajales, Paula Mariño, Rosa García, Tino Canicoba e Pepe Cáccamo, entre outros, conforman a exposición solidaria “Arte e Solidariedade” que se inaugurou o 14 de xuño de 2023 na Sala de Exposicións II da Sede Afundación de Vigo (entrada por rúa Velázquez Moreno 18).  Á fronte da organización, os recoñecidos artistas, Paula Mariño e Antón Sobral.

A mostra reúne nun mesmo espazo pezas de pintura, fotografía e gravado, doadas total ou parcialmente, por 35 autores da Provincia de Pontevedra con tres obxectivos: difundir o labor que Proxecto Home Galicia vén desenvolvendo desde hai 30 anos na cidade de Vigo, transmitir á sociedade que manteña a alerta ante un problema, as adiccións, que segue vivo con toda a súa capacidade de ferir as persoas, ás familias e á sociedade; e, por último, recadar fondos que contribúan ao mantemento dos servizos que Proxecto Home vén prestando en Vigo.

A exposición, que se celebra no marco do 30 aniversario da apertura do centro de Proxecto Home en Vigo, reúne 34 pezas de formato pequeno, máximo 50 x 50, que se poden adquirir desde pouco máis de 100 euros. Desta forma, preténdese animar ao público para adquirir a obra e colaborar, desta forma, cunha entidade que iniciou a súa andaina no ano 1990 en Santiago de Compostela, desenvolvendo distintos programas nas catro provincias galegas.

É moi de agradecer e eloxiar o compromiso social e a solidariedade da comunidade artística. Todos os artistas aos que se lles convidou a participar na mostra aceptaron con total xenerosidade.

“Arte e Solidariedade” aúna obras de artistas consagrados, pero tamén de artistas emerxentes moi prometedores. Entre os artistas hai unha destacada presenza feminina, unha representación que os comisarios buscaron para visibilizar o traballo das mulleres artistas.

A mostra poderase visitar ata o 1 de xullo de 2023, de luns a sábado, de 17:30 a 20:30 horas.

Inauguración da exposición “Arte e Solidariedade” en Vigo
Inauguración da exposición “Arte e Solidariedade” en Vigo
Inauguración da exposición “Arte e Solidariedade” en Vigo
Inauguración da exposición “Arte e Solidariedade” en Vigo
Inauguración da exposición “Arte e Solidariedade” en Vigo
Inauguración da exposición “Arte e Solidariedade” en Vigo
Visita da Comunidade Terapéutica de Cernadas de Proxecto Home Galicia ao Parlamento de Galicia
XXIII Festa da Solidariedade de Proxecto Home
Seminarios Culturais na Comunidade Terapéutica