Comparte nas túas redes sociais:

Conferencia científica 30º aniversario de Proxecto Home en Vigo

O 15 de xuño, no Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo,  tivo lugar a conferencia do médico psiquiatra Eduardo Paz Silva, no marco dos actos de celebración do 30° aniversario da apertura do centro de Proxecto Home en Vigo.

A disertación do doutor Paz Silva ven complementar a impartida o pasado mércores, no mesmo emprazamento, polo prestixioso Catedrático de Medicina Legal da USC, Ángel Carracedo.

Na súa conferencia, titulada “Da perda da saúde mental á recuperación vital”, Eduardo Paz profundizou nun tema de tanta actualidade como é a saúde mental e a súa asociación coas adiccións, o que se ven a denominar Patoloxía Dual.

Eduardo Paz Silva é Médico Psiquiatra cun amplo currículo e experiencia no tratamento de doentes con trastorno mental severo, facultativo especialista na Unidade de Agudos de Psiquiatría e na área da Unidade de Trastornos adictivos. É tamén consultor psiquiátrico de Patoloxía Dual en Proxecto Home Galicia.

O Doutor Eduardo Paz Silva
O Doutor Eduardo Paz Silva
Público asistente á conferencia do Doutor Silva.
Público asistente á conferencia do Doutor Silva.
O alcalde de Ourense recibe a Directora-Presidenta de Proxecto Home Galicia
Inauguración do Novo Centro de Proxecto Home Galicia en Santiago
Visita do Bispo Auxiliar de Santiago de Compostela a Comunidade Terapéutica Proxecto Home en Cernadas, Val Do Dubra.